No concello do Grove, aínda se escoita un dito de orixe un tanto escura: cando un lugar está moi suxo, con signos de humidade e prodredume (por exemplo un vello alpendre), dise que “hai as sapas paridas”. Quizais teña que ver coa presenza de anfibios que acoden a refuxiarse nestes lugares húmidos (Urodela?) (datos propios).
Cosme D. Romay
Etiquetas: Sapas
Decembro 16, 2008 ás 11:46 am |
E non poderían ser Alytes? Hai localidades nas cales ós Alytes son chamadas sapas. Ademais, por que saben que están paridas? Por que levan a posta ó lombo. Ademais , son bastante frecuentes nas zonas húmedas das casas.